Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Oca

O castro de Oca está en San Martiño de Oca, concello de Coristanco (A Coruña).
Neste castro viviron os romanos, os xentiles e os carlistas, e fixeron buratos no interior para agacharse cando se vían en perigo. Os romanos fixeron tamén os castros de Sísamo e o de Santa Cecilia.
Dise que esconde un pote de ouro en pó e outro de alcatrán gardados por un mouro. Quen queira dar co pote de ouro ten que ter moito tento pois se tropeza antes co de alcatrán morre sen remedio.
Hai unha trabe de ouro e outra de xofre que atravesan o castro; outros din que mesmo chegan ata o castro de Sísamo. Quen atope a de ouro ponse rico, quen a de xofre fai que morra todo o que hai nos arredores.
Neste castro había unha cancela que sempre se deixaba aberta. Pero un día apareceu unha señora, era un encanto, e díxolle a un home que pasaba por alí:
—Meu filliño, non deixes nunca máis esta cancela aberta.
E de alí en diante todos pechaban a cancela pois a señora aquela tamén dixera que os que a cerrasen terían boa sorte.
Na agra de Ponteceso, xunta o castro, déixase ver unha galiña con pitos que se volven de ouro. A xente corre tras deles pero nunca os pilla.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: