Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pena de Cospeito

No concello de Cospeito (Lugo).
»Na Pena de Cospeito había, bueno, viña unha muller cun cocho, que era, vamos, da zona de abaixo de..., entonces saleulle un home alí ó lado da pena, e díxolle si lle vendía o cocho.
Entonces ela díxolle que sí.
—Míre eu págollo pero usté ten que gardar na faldriqueira esto que lle dou, e asta que non chegue á casa non o pode abrir.
Entonces, ela, claro, colleu e marchou, pero despois polo camiño, cavilou, non. E dixo:
—Home, pero eu marchareime sin saber o que me deu.
Entonces abriu a faldriqueira, entonces encontrouse que todo eran carbóns, e colleu e tirou todo no camiño.
Entonces vai, claro marchou... Pero aló na casa, non sei como mirou que así por un lado que tiña un mantelo, ou non sei que, e tiña unhas beiras o mantelo, e alí conócese que caiu algún carbón daqueles, e todos os..., conócese que ó caer os carbóns eses eran monedas de oro todo. Entonces colleu e volveu ó sitio onde tirou os carbóns, pero alí xa non había nada. Eso tratábase dun encanto que dicían que había na Pena de Cospeito».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: