Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Filomena Arias Armesto, a sabia de Torbeo

A Sabia de Torbeo naceu nesta parroquia do concello de Ribas de Sil (Lugo) entre 1865 e 1885. Todo na súa biografía e andanzas é confuso. Dise que de moza marchou con un fillo vivir a Madrid, cidade na que residiu, traballando como criada, ata 1920 ou 1921. Regresou a Torbeo e un día, estando de fiadeiro cos veciños, foi beber auga á fonte da Cruz. Cando volveu xa entrou de costas. Despois botouse ao monte e por aló andou ata que uns homes da parroquia, comandados polo párroco, a foron catar. Trouxérona atada e atada a retiveron a carón de cemiterio mentres o crego lía un texto dun libro para exconsurarlle os cinco "cadelos" (espíritos) que tiña dentro do corpo. Conseguiron tirarlle dous "cadelos"; os outros quedaron para sempre dentro dela. E por culpa deles, cando lle daba o "mal" falaba en castelán. Comezou a exercer de sabia ou curandeira, acadando unha sona enorme por toda Galicia, e por boa parte da península tanto de España como de Portugal. Curaba con plantas e con outros remedios tradicionais, sobre todo con apócemas. Ademais, din os que a coñeceron ou oíron dos seus méritos, tiña poderes que lle permitían saber do paradoiro ou do estado de saúde de persoas aínda que non as coñecese ou que residisen ben afastadas dela. E tamén era consultada para destapar tesouros . Para estes cometidos axudábase dunha medium que ela invocaba chamándolle “La niña”. Segundo Vicente Risco, a Sabia de Torbeo dicía que cando morrese habíalle deixar o seu poder a unha rapaza de 15 anos, que fose virxe e que se chamase coma ela, Filomena. Mais, que se saiba, non tivo herdeira. Cando entraba en "trance", cando lle daba "o mal" (estado de comunicación co místico ou co paranormal) permanecía deitada na cama e comezaba a ladrar coma os cans por tempo de media hora ou dunha hora. Despois atendía as consultas aínda que normalmente non era preciso preguntarlle pois adiviñaba a pregunta que lle ían facer, e a seguir entraba en detalles sobre as doenza e outras circunstancias do enfermo. Cando comezou a Guerra Civil (xullo de 1936), asegurou que habían gañar os da “banda dalá” (enténdase os partidarios do goberno lexítimo da República). Como é ben sabido, desta non atinou, perdeu creto e deixou de consultar. Nos últimos anos da súa vida trasladouse a Monforte. Cando osmou a morte pediu que a levasen expirar a Torbeo pero non deu chegado. O 23 de abril de 1938, cando a trasladaban nunha padiola, fóiselle a vida á altura Rairos, lugar do mesmo concello de Ribas de Sil en cuxo cemiterio está enterrado o seu corpo. Nas proximidades da Praza do Piñeiro ou dos Chaos, en Monforte, existe unha casa abandonada onde se di que viviu a nosa Sabia.

__________ 1 Sabia.-Menciñeira ou curandeira que se dedica a curar e facer ben. (Véxase Dicionario dos seres míticos galegos).

__________ Fotografías(de arriba a abaixo): -Retrato robot da Sabia de Torbeo da autoría da artista María Vázquez Rodríguez. Ano 2007. Atópase nun mural duns 30 metros de longo situado na praia fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil (Lugo).

-O pouco que queda da súa casa, en Torbeo.

-Casa de Monforte de Lemos, onde residiu temporalmente a Sabia de Torbeo.

-Casa de Rairos onde, supostamente, faleceu a Sabia de Torbeo.

-Cemiterio de Rairos onde, supostamente, está soterrada a Sabia de Torbeo.

[Nota de agradecemento: Estas fotografías (agás a da casa de Monforte de Lemos) foron realizadas e remitidas polo alumnado de 3º ciclo do CEIP de San Clodio, Ribas de Sil (Lugo), e polo seu mestre, Fran Bouso. Maio de 2013]

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Hay algún libro editado de la biografía de filomena la bruja de Torbeo?

Enviado por Fina gonzalez o 11/08/2023 ás 15:54:18


Buenos días!
Filomena era tía de mi abuelo, podrían ponerle en contacto con María Vázquez Rodríguez para preguntarle en base a qué datos consiguió el retrato robot? Lamentablemente no conversamos fotos y en el retrato del mural se parece a mi abuelo.
Gracias y un saludo!

Enviado por Miriam Núñez o 20/08/2024 ás 11:35:08


Enviar comentario a este artigo: