Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A señorita do Castro de Trelle

Nos Castros de Trelle, concello de Toén (Ourense), unha mañá de San Xoán, unha moza que ia para Ourense atopóu unha señorita descoñecida, vestida de seda e cuns cabelos dourados que lle chegaban á cintura, e a señorita díxolle:
—De hoxe nun ano, se qués ser rica, antes de raiar o sol, vés por eiquí, e dende a cima do monte, has de dicir tres veces:"Ábrete, pendouril dourado!".
Así o fixo, e a terceira vez, por un burato que se abríu no monte, saíu a señorita vestida de seda e botoulle na faldra unha cousa que non se sabía que era, e díxolle:
-Non mires hastra non chegares á casa.
E desaparecéu. A moza, chea de curiosidade, abríu o mandil, e víu que eran moedas de ouro. Chea de ledicia, chegóu á casa, mais cando quixo gardalas onzas, eran carbós.
Lugar da lenda: Castro de Trelle. Concello de Toén.

[Lenda remitida por David S.C., de Toén (Ourense). Xaneiro de 2013]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: