Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os encantos e misterios de A Covadela

Mesmo a carón do castro de San Pedro de Torre, na parroquia de Santiago, Mondoñedo (Lugo), chámase A Covadela.
Un home contou que unha vez que baixaba de noite por alí puxóselle diante un ser tan grande (un xigante?) que do medo que colleu tirouse ao chan e tapou a cara coas mans. Non sabe canto tempo estivo así, chorando, ata que destapou a cara e o ser aquel xa desaparecera.
A este mesmo home, no mesmo lugar, outra vez arrastrouno un trasno por alí abaixo, e outra máis perseguiuno un can con un axóuxere.

[Remitida por Francisco Piñeiro (natural de O Reguengo), residente en Cervo (Lugo). Decembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: