Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cruz de Silva e as meigas

A Cruz de Silva, que sinala os límites dos lugares de Ventín, Barreiro e Mosteiro, concello de Pol (Lugo) foi sempre un lugar máxico. Moitas historias de meigas e aparecidos, téñena como referencia.
Unha delas conta que pasando de noite polo monte, fose andando ou en cabalo, se se asubiaba, acudían de inmediato unhas luces, como linguas de lume, que bailaban e saltaban diante do camiñante. Se levaba montura, entón as luces poñianse sobre as orellas do animal e danzaban sobre elas ata que se achegaba á aldea.
Un xinete que cabalgaba un cabalo tordo, nunha noite sen lúa, andou perdido toda a noite, chegando a súa casa ao amencer. Contou, atemorizado, que as luces ían e viñan das orellas do cabalo ás súas e, eran luces que non alumaban nin facían ruído.
Todos os que as viran, que eran moitos, contaban o mesmo. Andaban perdidos toda a noite e as luces danzando entre eles. Eran as meigas.

[Información de Alba Neira Pasarín, de Lea, Pol (Lugo). Novembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: