Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fonte dos Caxigos

A Fonte dos Caxigos está na parroquia de As Goás, concello de Abadín (Lugo).

»O Benjamín veu por alí abaixo, non sei a que viña, e chegou alí e sinteu unha orquesta tocando debaixo, alí no ribeirao mismo.
—¡Unha orquesta tocando! —dixo—; carai, ¿e esto que é?
Pero estuvo escoitando, escoitando e..., era debaixo, e dixo:
—¡Oh, cómame o demo! ¡E esto!
Pero, nesto, a música parou de tocar e, así que parou, disque saleu un bicho, dixo, un bicho pequeno, pouco máis que un gato ou así, e saleu cara pa el. E el, carallo, agarrou tal medo ¡pies que te quiero!, por aló arriba outra vez, que ben sabes que era costa arriba. E entonces foi un pedaciño correndo o bicho tras del pero, en vista que o bicho non podía colle-lo Benjamín, que o Benjamín, pies que te quiero, dixo [o encanto]:
—Bueno, home, é que eu estaba encantado aquí e tu podíasme desencantar —dixo. Se esperaras e falaras conmigo podíasme desencantar pero así....
E o outro [o Benjamín], nada, nin encanto, nin Dios».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: