Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Canto dos Meatos ou Melatos

Lugar situado na aldea de Coea, parroquia de Castañedo, concello de Navia de Suarna (Lugo). Uns veciños contáronme que chaman meatos ou melatos a unhas persoas de raza pequena que vivían no lugar coñecido como O Canto dos Meatos ou Melatos. Dise que unhas tumbas feitas con laxes que apareceron no sitio ao arar a terra formarían parte dun cemiterio destes antigos habitantes. No lugar hai tamén unha fonte escavada na rocha que é onde ían a recoller a auga.
Descoñezo se só é unha lenda ou ten unha base real polo que o topónimo, como arriscada hipótese, podería facer alusión a un lugar onde recluían aos leprosos (malatos) e que o camposanto estaría destinado a enterrar aos enfermos que ían morrendo por mor do fatídico mal.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Xullo de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: