Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A moura d'A Xoia

En Vilachá, concello de Boborás (Ourense), hai unha zona chamada A Xoia onde se di que antiguamente vivian os mouros, uns personaxes máxicos propios de Galicia.
Hai moitos anos unha muller de Vilachá ía camiñando pola Xoia e viu a unha muller que era moura que levaba un cesta con cousas, e a moura dixolle á muller :
—Escolle unha cousa desta cesta.
E a muller elixiu unhas tesouras, e a moura colleunas e picou a muller. Entón a muller pechou os ollos do susto, e cando os abriu a moura xa non estaba.
Antes de que pasara este acontecemneto a xente xa sabía polo seus devanceiros que nesa zona había tempo que viviran mouros.

[Remitida por David, O Carballiño (Ourense), en abril de 2012]

Vistas d’A Xoia:


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: