Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A orixe da campá da igrexa de Meiraos e o Pozo da Grada
A igrexa de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel (Lugo), ten catro campás grandes e unha pequena. Unha vez, unha destas campás, levoulle a cabeza ao home que a estaba tocando.
Antigamente (agora xa non é tan potente pois sufriu reformas) só podían tocar a meirande destas campás os xordos, tan potente era o son, e non podían andar nos arredores as mulleres preñadas pois poderían malparir como consecuencia das vibracións do seu son. Esta campá grande de Meiraos saíu do fondo do Pozo da Grada, unha fervenza espectacular que hai nos arredores.
Cóntase que un veciño de Miraz tiña unha vaca que pariu dous becerros. E cando os becerros xa eran grandes, cando estaban pacendo nun prado picounos a mosca e foron caer ao Pozo da Grada. Mais non afogaron. Aquel home viu como de alí a un pouco saía daquel pozo unha moura cos becerros xunguidos tirando pola campá maior que agora está na igrexa de Meiraos.
Foto e vídeo: Félix Castro Vicente. Agosto de 2022
VídeoBIBLIOGRAFÍA