Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

O tío Bufo e o trasno

Contaban os vellos de San Pedro de Moreiras que fai moitos anos un trasno aparecía polas noites na casa dun parroquiano, coñecido coma o tío Bufo, e íalle a enredar nas fabas e non o deixaba durmir. Un día o home farto das malfeitorias do diaño deixoulle unha cunca con semente miuda e a noite cando o trasno andaba enredando pola casa tirouna, e o home díxolle:
-Anda carallo, agora demo apaña aí!
Despois diso contan que o trasno non volveu aparecer.

[Remitido por David S. C., de San Pedro de Moreiras, Toén, en xullo de 2011. Fonte: Freguesía de San Pedro de Moreiras (Toén), Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza, 1929].


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: