Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Outeiro Bicudo

"O Outeiro Bicudo é unha rocha isolada que se atopa situada no cumio dun outeiro no lugar de Abuín, parroquia de Baroña, Porto do Son (A Coruña). Entre as cousas que se contan dela está a lenda que se refire a unha muller robusta de idade avanzada, que se atopou un día de forte calor coa rocha no monte, mentres fiaba liño. Cando viu a pedra gustoulle e pensou que aquel debería ser un bo sinal para a súa aldea, e que a súa presencia fronte ó mar viría marcada pola inmensidade que tiña diante. A vella sacou o mantelo e prendeuno nunha bariña do sol. Botou o outeiro á cabeza e espetou a rocha no mandil. Logo colleu o fuso na man e meteu unha cuña debaixo do brazo coa que suxeita-lo outeiro. Seguiu andando monte arriba coa pedra, fiando e cantando unha cantiga. Ó chegar ó cumio do monte pousou o outeiro e púxolle a cuña debaixo para que non caese. Recolleu o mantelo e quedou fiando leda ó ve-lo outeiro, que albiscaba un inmenso panorama coa ría en fronte e Fisterra confundida na liña do horizonte".

Petróglifos
Fago notar, ademais, que na parede vertical ó pé do Outeiro Bicudo hai petróglifos de cervos, que moi cerca de alí están o magnífico panel de petróglifos do Monte Gorita (con máis de 20 cervos e un sol gravado) así como a igrexa parroquial de San Pedro de Baroña. Tamén desa zona foi o achádego da ara a Diana Venatrix que se garda no Museo Provincial de Pontevedra.
Por último, dicir que Fernando Alonso Romero en "Las mouras constructoras de megalitos" sinala que "en las leyendas británicas que las piedras las transportan en el mandil o en cestos, mientras que las mouras gallegas y las portuguesas las llevan sobre sus cabezas". Así pois, parece que sí temos unha moura galega que as leva no mandil.

[Lenda remitida por Gustavo Carballo Santos, Porto do Son (A Coruña). maio de 2011]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: