Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena das Agullas de Lixandre

O Monte Lixandre, en Riovao, Sada (A Coruña) é agora una zona boscosa, con carreiros para o esparcemento e o tempo de ocio mais, ao que parece, non sempre foi así:

"...Máis, preto de Sada, á man esquerda segundo se entra pola estrada de a Cruña, hai un monte nomeado Lixandre, que sempre deu que pensar a nenos e vellos. Non se ten noticia de que se atrevera ninguén a entrar de noite naquela arboreda. No medio do monte hai aínda un croio que non poden
abrazalo dous homes, e que lle chaman a Pedra das Agullas. Decían noutros tempos que quen tocara a esta pedra morrería dentro dos nove días xustos, debido a un encantamento que lle deran os mouros. Pola banda do leste está a moi nomeada Quenlle, que os homes sabidos dín que foi unha mina de estaño no tempo dos fenicios, pero que agora é o sitio onde se xuntan de noite as estadeas, meigas e lugrumantes pra faceren parlamento. Polo menos así coidaban fai anos os viciños da vila,e non sei se pensarán o mesmo agora...»

____
Tirado do relato “O escarmento” (A Nosa Terra, 1908) de Manuel Lugrís Freire (Sada, 11 de febreiro de 1863 - A Coruña, 15 de febreiro de 1940).



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: