Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Castro de Meirás

O castro de Meirás, Sada (A Coruña) ten una parte na que está oco e escóitase música Hai un tesouro enterrado, tapado cunha gran pedra cun aro de ferro no medio. Hai que di que viu a pedra pero que non a puideron erguer; uns aseguran que cadra polo centro da croa, outros que cara ao mediodía e outros que na parte baixa do amurallamento, en dirección á Torre de Hércules que se ve desde alí. Quen se atope ao anoitecer no lugar do tesouro verá unha pola de ouro cos seus pitos, mais non os poderá coller, que se perderán dentro do castro. Tamén se conta que no oco dunha rocha orientada cara o sur está encerrada una princesa encantada. Nas noites de lúa chea sae ao exterior e canta moi bonito, pero se alguén se lle achega, desaparece e xa non se volve a ver

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: