Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O encanto da Cova dos Mouros de Ardán

Uns veciños de Cela, en Bueu, foron canda o cura párroco pillar un encanto ao Monte Castelo, que cadra na parroquia veciña de Ardán, en Marín (Pontevedra).
O crego trazou un circo de Salomón arredor de cada un dos que ían, comezou a ler nun libro e a seguir viron vir cara eles animais moi feos.
Cando volveron outro día aparecéuselles un home que lles preguntou que querían, e eles dixeron que o diñeiro das arcas reais. E tamén lles dixo que volvesen ao día aseguinte e que trouxesen de prenda un galo, ou unha galiña, negros.
Cando volveron coa prenda ao día seguinte atoparon un carro cheo de diñeiro, mais un dos presentes exclamou:
-Loado sexa Deus, que desta quedamos ricos!
E foi acabar de dicilo e desaparecer todo o ouro que había alí agás unha pequena parte, poi o crego estivo atento e tiroulle a estola enriba.
Xa sabiamos, e esta xente tamén o debera saber, que cando se vai desencantar un tesouro non se pode nomear a Deus nin a ningún dos seus.

[Segundo as versión recollidas en 1993 polo alumno Manuel Lorenzo del Río do colexio Público de Bueu e publicadas na revista escolar “O Candil”, nº 15, decembro de 1997]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: