Seres míticos
A señorita coa cesta na cabeza
Nun lugar sen precisar da estrada entre Paderne e Pontedeume (A Coruña) cóntase que hai anos soía aparecérselle á xente que ía de mañá cedo coa froita para vender na vila de Pontedeume unha señorita, unha muller vestida de negro con unha cesta na cabeza.
Non lles facía mal ningún; aparecía e desaparecía sempre no mesmo lugar.