Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A meiga de Viveiro

Pasou en Viveiro (Lugo) un día de feira. Unha vella trataba, sen conseguilo, de poñer na cabeza un paxe cheo de carocas, e un home que pasaba por alí ofreceuse para levarllo ata a casa. A velliña aceptou e foi diante del indicándolle o camiño. Andaron rúas e máis rúas, o home xa cansaba pois o cesto pesaba cada vez máis. Foi entón cando o home se decatou de que estaba nun lugar para el descoñecido, unha especie de labirinto de paredes de cristal. Entón a vella subíu unhas escaleiras e para subilas ergueu a saia e deixou ver un rabo negro coma os pecados. O home tomou medo, tirou co cesto e botou a correr. A vella tamén correu tras del ata que chegaron a unha rúa coñecida e entón desapareceu.
Cando o home chegou á casa e narraou o sucedido ninguén llo quixo crer.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Também sou de Viveiro e nunca a sentira, gostaria de saber as ruas que percorreram!

Enviado por Um o 03/03/2010 ás 14:54:33


Eu son de viveiro e nunca escoitei esta lenda pero é moi interesante... é verdade iso de que as meigas existen?

Enviado por alex cal o 18/11/2008 ás 13:47:17


Enviar comentario a este artigo: