Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

A muller encantada nas Penas da Salsa

Nas Penas da Salsa, en Fazouro, concello de Foz (Lugo) Josefa (era entón unha nena de 12 anos) viu sentada sobre as penas unha rapaza totalmente espida. Tiña o cabelo louro e longo, e peiteábase cun peite que brillaba coma se fose de ouro.
Josefa saudóuna:
—Bos días, señora!
Pero a moza non lle respondeu.
—Bos días, señora! —insistiu Josefa, pensando que o runxir do mar non lle deixara oír.
Mais a moza tampouco lle contestou desta volta e acabou desaparecendo da súa vista.
Cando Josefa chegou á súa casa e comentou o que lle pasara, dixéronlle que nunca máis se achegase ás Penas da Salsa, que era lugar encantado e moi perigoso.
Neste mesmo lugar téñense escoitado músicas que non sabe de onde viñan nin que as producía.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: