Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Demiños lambóns

Pasou en Castro Caldelas (Ourense). Unha moza estivo posuída polos demiños e víase en que falaba o castelán correctamente cando de seu natural era incapaz.
A moza posuída, a criatura segundo preferían chamarlle os demiños, tiña unha irmá de nome Carolina e se ós enredantes se lles antollaba facían que Carolina tivese que levar a irmá ás cabaliñas.
A criatura negábase en redondo a pisar lugar sagrado, así que cando chegou o día da novena dos Remedios, a pesar dos moitos intentos que se fixeron , non houbo maneira de convencela para que fose.
Entón falaron os demiños e dixeron que se lles daban un chourizo e unha onza de chocolate deixaban ir a moza á novena. Déronlles as viandas, a moza foi á novena e quedou libre deles xa para sempre.

[Ilustración de Noemí López]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: