Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Lagoa da Serpe de Pena Trevinca

A Lagoa da Serpe está na Serra de Pena Trevinca, no concello de A Veiga (Ourense). Dise que alí vive unha enorme serpe que nas noites de lúa chea se transfigura nunha fermosa moza que pide a canto mozo pase por alí que a desencante. Está especialmente fermosa nos amenceres do día de San Xoán, acomodada sobre a rocha de a carón da lagoa, peiteando o pelo da cor do acibeche. Mentres se peitea aparenta triste e cavilosa, pois agarda ao valente mozo que a veña desencantar.
Xa o intentou hai moitos anos un rapaz da aldea de Xares pero fracasou. A moza encantada explicoulle como tiña que facer: Vén de mañá cedo, ao raiar do sol, e verasme na outra beira en figura de serpe. Non teñas medo, cruzarei a nado a achegareime a ti, e cando me aproxime coa boca aberta cúspeme dentro dela.
Lémbroulle que se o facía tal e como lle dixera, que casarían e que tiña haberes para vivir regaladamente.
Chegou a hora e todo pasou tal e como dixera a moza encantada; vaia, case todo, pois o mozo ao ver a enorme serpe que se lle puxo diante tomou medo e fuxiu coma un covarde.
Hai outra versión, en cambio, que di que intentou o desencantamento un mozo do lugar de Ponte, e que o fixo ben, e que casaron e xa non se pode ver a moza por alí.
De calquera maneira, a Lagoa da Serpe sigue sendo moi perigosa. Dise que quen bebe daquela auga, morre, e se nos metemos dentro dela xa non hai maneira de saír.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: