Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A procesión das ánimas (1)

A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón -decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc. ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabend o así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai resistencia para levantarse da cama e ir, danlle en tirar por´as uñas dos pés e non ten outro remedio que ir”.

Fonte
SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

[Texto remitido por Xavier Feixoo, de Sandiás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: