Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Castro Morgadán

O castro Morgadán está na parroquia de Morgade, concello de Carballedo (Lugo):
O castro Morgadán
ten vintecinco á súa man;
só o da Madanela
lle dá pola barbadela.
Úneno ó castro de Santa Ádega tres trabes; unha de ouro, outra de prata e no medio destas hai outra de alcatrán. O que lle toque á de alcatrán morre abrasado.
Antes de ir na procura dun tesouro que hai alí agachado, os veciños do castro consultaron coas sabias de Albán, da Peroxa, e coa de Torbeo, en Ribas de Sil (Lugo).
A de Albán dixo:
— Hai un gran tesouro, mais non se poderá dar con el se non se desencanta a unha moura coxa que alí vive.
A sabia de Torbeo resolveu:
— O tesouro é unha trabe de ouro que non se poderá atopar se non se desencanta primeiro a unha cobra que vive no castro. Hai que levar un crego que bote os exorcismos e despois cavar ata atopar a cobra. Cando apareza a cobra hai que bicala na testa e xa queda desencantada.
O Carlote de Casares, veciño do lugar, entrou en conversa con dous señores nunha taberna en Portugal. En canto souberon de onde era, dixéronlle:
— Val máis este castro ca toda Europa. Só na entrada hai dous xigantes de ouro de nove pés de alto.
Un soldado da comarca estando prisioneiro dos rifeños en África, escoitoulle dicir a un dos que o gardaban:
— ¡De lo mucho que hay allí me contentaba yo con la silla del rey moro!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: