Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O cura Antoñanes e os nubeiros

Na parroquia de Abeledo, concello de Abadín (Lugo) houbo un cura que lle chamaban O Antoñanes.
Un día presentouse unha tormenta e o cura, que estaba na casa rectoral, púxose a ler nun libro que tiña enriba da mesa do escritorio.
Lía de présa e suaba. E así estivo bastante tempo ata que, moi apurado, tivo que meterse debaixo da mesa, xusto a tempo para librarse dun coitelo grande que se chantou no medio e medio da mesa.
De inmediato, a treboada foise indo e descargou no monte, onde non fixo dano a ninguén.
O coitelo mandárao o nubeiro, vencido polo esconxuro do cura Antoñanes.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: