Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Monte dos Remedios

O Monte dos Remedios, probablemente un castro, está en San Xoán de Tirán, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra co debuxo dunha serpe. Na noite de San Xoán, despois de apagarse as fogueiras aparecía alí unha muller vella cunha caiada na man, sentada na pedra que hai diante da capela de Virxe do Castro. Se alguén se achega, a muller desaparece. Quen quixo saber dela e foi ver ó día seguinte atopou unha serpe dando voltas arredor da ermida. Disque foi esta muller a que matou a serpe que se ve na pedra.
Tamén se di que a serpe se convirte en bruxa, e que desaparece cando se achega alguén, e que a noite de San Xoán son bruxas, ¿ou mouras?, as que andan arredor da ermida pero ó amencer xa non están.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: