Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A serpe que mamaba na moza

Chegoume ós meus oídos unha lenda que xa escoitei en varios lugares; ata na lonxana Venezuela. Isto pasou no concello de Friol (Lugo).
Conta que unha nai recén parida tiña que ir traballar ó campo. Cada tres horas debía deixar o traballo e ir ata a casa darlle o peito ó seu cativo. Aproveitaba ese momento en que o neno mamaba para deixarse levar polos brazos de Morfeo e descansar un pouco.
Cando o cativo deixaba de mamar, a rapaza despertaba e regresaba ó traballo.
O neno soía tardar tres horas en pedir de novo teta pero nos derradeiros días aínda non pasara unha hora e xa estaba a chorar pedindo máis comida.
A avoa chamaba entón a súa filla para que regresara á casa darlle de comer. Ela viña e a avoa ía ocupar o seu lugar nas tarefas do campo.
Aconteceu que ese día chovera e a avoa, para evitar as pozas de auga no chan, verteu nel serrín para que secara as pingas de auga. Cando a rapaza despertou do seu descanso viu con sorpresa unhas marcas moi raras enriba do serrín. Chamou ó seu home, e a seu pai, e eles seguiron aquelas pegadas e atoparon debaixo dunha alacena unha serpe. E, despois de matala, encontraron que o seu bandullo estaba cheo do leite, aínda quente, saído dos peitos da rapaza.
Con razón o cativo choraba de fame. Mentres a nai se quedaba durrmida a serpe aproveitaba para zugar ela tamén.

[Información achegada por Francisco Lendoiro Serrano, de Oleiros (A Coruña)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu son de Pontevedra e tamén me contaban esta historia cando era nena ainda que non recordo exactamente a versión que me contaban a min.

(Só é pra deixar constancia do extendida que está esta lenda)

Enviado por Mónica o 24/07/2008 ás 0:57:46


Enviar comentario a este artigo: