A Covas de Castañedo
Na parroquia de Castañedo, no concello de Navia de Suarna (Lugo) están estas covas das que se conta a seguinte lenda. Do lugar de Río de Piñeira desapareceu unha nena sen que ninguén soubese como. Ó cumprírense sete anos, os veciños de Río de Piñeira sentiron o cantar dunha moza. Viña do lado das Covas de Castañedo, e dicía: - Rapaciñas de Río de Piñeira, siete moritos me tienen aquí; hace siete años, tengo siete hijos, todos son muy guapos, todos están alrededor de mi. Fórona buscar e trouxérona para a casa. Dos fillos e dos "moritos" non se sabe que foi.
Nota: Véxase a relación coa lenda "Lenda da cova dos mouros do Muradal"
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS