Santa Polonia e a Pena de Belán
Polonia, Pelania ou Apolonia é a patroa da Bola (Ourense). Viviu no século III e morreu en Alexandría. Foi martirizada a pedradas, arrincáronlle os dentes un por un e logo queimárona. É santa patroa dos dentistas e abogosa contra a dor de moas.
De Santa Polonia cóntase que estivo agachada na Pena de Belán, no Monte do Cura, en Millán, Sober (Lugo), naquelas coviñas, cando a perseguían os bárbaros.
Moi preto desta pena hai unha fonte con augas moi boas para as dores de moas.
BIBLIOGRAFÍA