Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Milagre na Picaraña

Nos tempos en que os mouros dominaban a Península, en plena guerra do cristianismo contra o islamismo, un cabaleiro cristián fuxía polos montes do Condado perseguido por un grupo de inimigos. Nas presas da fuxida, o cabaleiro trocou o camiño e, sen decatarse, foi dar ao alto da Picaraña, (na parroquia de Arcos, Ponteareas, Pontevedra), un monte que remata nunha enorme pedra lisa que parece asomarse a un considerable precipicio. Sen saída, preferiu tirarse dende o alto da pena antes de caer en mans dos inimigos que lle farían renegar da súa fe.
Pero nese momento produciuso a milagre, xa que logo de dar o chimpo e tirarse ao vacío, o cabalo saiu voando coma un Pegaso enxebre salvando deste xeito ao seu dono.
Din que no alto da pena fican as marcas das ferraduras do cabalo cando saltou. Outras versións din que o que hai no alto da pena son as pegadas de Xesús Cristo, que seica tamén estivo na comarca.

[Texto remitido polo escritor Manrique FERNÁNDEZ, natural de Cospeito (Lugo) e residente en Ponteareas (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: