Castro de Armeá
O castro de Armeá está en Santa Mariña das Augas Santas, concello de Allariz (Ourense).
Neste castro abundan as lendas sobre mouros. Nos tempos de Zeudio, ou aínda antes, no alto dun penedo duns dez metros de alto e seis de ancho había un mouro que vixiaba se viñan os romanos. Cando se achegaban tocaba a trompeta.
Este penedo é oco por dentro e está cheo de riquezas pero se alguén intenta collelas fai estoupar a parroquia de Santa Mariña.
No mesmo castro hai un penedo que ten forma de orella.
[Recollido por Rosa Mª Lorenzo e Mercedes Mira en xaneiro de 1991, en Vilar de Flores, parroquia de San Breixo de Espiñeiros, concello de Allariz (Ourense),]
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS