Pedras
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Santo Adrián
Adrián era un oficial romano (século III-IV) encargado polo emperador Maximiano de executar en Nicomedia (actual Turquía) os martirios dos cristiáns, pero tivo compaixón das víctimas e convertiuse ao cristianismo. Foi torturado, encadeado, e decapitado en presencia da súa muller (logo Santa Natalia).
Segundo a tradición oral galega Santo Adrián predicou pola Costa da Morte nunha época na que estas terras estaban infestadas de serpes. O santo deu un forte golpe co pé no chan, abriu un burato e desapareceron todas as serpes ou quedaron encantadas baixo a coñecida Pedra da Serpenta de Gundamil. Tamén librou aos habitantes daquela comarca dun tributo que consistía en entregarlle nenos á serpe raíña daquelas terras. En Malpica (A Coruña), no santuario de Santo Adrián do Mar, tamén se conta que venceu a unha serpe que pretendía cruzar o mar ata as illas Sisargas.
BIBLIOGRAFÍA