Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Rocha da Moura

Contan os meus avós que nun lugar preto de onde viven hai unha rocha xigantesca, na beira do río, á cal lle chaman a “Rocha da Moura”.
Contan que os seus devanceiros cando ían co gando a pastar, vían sobre a rocha unha fermosa muller loira, que din que era moi parecida a unha serea.
Contan tamén que a muller peiteaba o seu longo cabelo loiro. Pero desaparecía cando te achegabas para falarlle.
Era un misterio para todos, pero tamén din os meus avós que se alguén ousaba quedar a durmir sobre a rocha pola noite podía quedar sen pelo.

[Recompilado polo alumno Carlos Acuña, do CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra, da súa avoa Pura de Couso]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: