O xigante das covas de Ollán
Nas covas de Ollán ou Ullán, concello de O Irixo (Ourense), segundo V. Risco, hai un encanto gardado por un xigante, e un señor de por alí xunto cun amigo entraron na cova coa intención de facérense co encanto.
Cando xa levaban máis dunha hora andando por dentro da cova comezaron a sentir un ruído cada vez máis intenso ata o punto de facerse tan grande que tomaron medo e botaron a correr para fóra da cova.
Uns opinan que o ruído o facía o xigante, que defendía así o encanto, e outros que era a corrente de augas subterráneas.
BIBLIOGRAFÍA