Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cadeira do rei mouro do Espicho do Faro

Trátase dun penedo que está no Espicho do Faro, en Entienza, Salceda de Caselas, no medio doutros cheos de pías conectadas unhas coas outras, obra humana no entender de Rafa Quintía, de cuxo blog, "Á sombra da Bouza Panda", tomamos a información. Por alí chámanlle o Penedo da Silla do Rei Mouro.

Trátese de dous penedos esféricos que forman entre eles unha pequena cova na que se atopa a real cadeira. E que mellor lugar para situala, nun faro, facho ou cumio desde o que se domina visualmente unha amplísima comarca.

Vexan máis documentación e fotografías no artigo citado de Rafa Quintía (aquí)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: