Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A desaparición da cidade de Duio e os Bois de Gures

Duio, a antiga Dugium, estaba en fronte á praia da Lagosteira, en Fisterra (A Coruña). Os seus habitantes tiñan mala sona e unha vez que pasou Xesús Cristo por alí, sen dar outra explicación, díxolles aos moradores:

—Que Deus vos convirta, que nós non podemos.

E desapareceu todo agás dous bois e unha serea. Os bois eran propiedade dun veciño chamado Gures e a serea foi coñecido desde entón como a serea de Fisterra.

Os animais andaron desorientados e un día caeron no mar e afogaron, mais non desapareceron da nosa vista. Os animais petrificáronse e convertíronse nos dous illotes que hoxe chamamos Bois de Gures e que todos podemos ver na enseada do Ézaro.

Bois de Gures

Chámanse así dous illotes de pedra que hai na enseada do Ézaro. Eran bois (animais) que fuxiron do asolagamento da cidade de Dugium, que estaba na praia da Langosteira, entre os cabos Fisterra e Nave, en Fisterra (A Coruña). Foron os únicos seres vivos que se salvaran da catástrofe pero que, despois de andar vagamundos varios días, metéronse no mar e quedaron así, petrificados.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: