Cachiquimbra
San Salvador de Cachiquimbra estaba no Outeiro de Rubiós, en San Lourenzo de Cañón, en Celanova (Ourense), ata que foi atacada polos veciños que vivían no castro Furriolo.
Comezou a batalla cun ataque desde o castro, logo sitiáronos e remataron por destruír toda Cachiquimbra. Cóntase que morreorn 11.000 cachiquimbrenses e moitos dos atacantes.
Rematada a conquista, uns soldados foron descansar á beira dunha poza e sentaron nunha trabe deitada no chan.
Mais a trabe rebuliu coma se tivese vida. E tíñaa; non era trabe senón unha serpe adurmiñada.
Os soldados disparáronlle cos seus fusís pero tiña tan dura a pel que non lla furaban as balas.
Entón un dos soldados puxo un anaco da propia carne da serpe na punta dunha corda, logo deulla a comer e cando lle entrou nas gorxas ataron a corda a un penedo. A pouco que tirou, a serpe esganou e morreu alí mesmo.
E sen querer, deulle nome a aquela poza, desde entón a Poza da Serpe.
BIBLIOGRAFÍA