Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As penas do Gaioso ou Penas de Rodas

Na parroquia de Gaioso, concello de Outeiro de Rei (Lugo), existen dúas penas de granito de grandes dimensións asentadas en bases moi pequenas, o que fai que pareza que en calquera momento sairán rodando. Segundo os veciños existe a lenda de que no interior dunha das penas hai ouro e na outra alcatrán. Nunca se escacharon porque de non acertar coa de ouro, a de alcatrán din que asolagaría a parroquia enteira.

[Texto remitido por Miriam Fernández Otero. Ínsua, Vilalba (Lugo) en xuño de 2018]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: