Pedras
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Os mouros do Mourisco
Os mouros viviron no lugar do Mourisco (de aí o nome), en Riós (Ourense).
Na peneda que hai no monte chamado A Touza os pastores vían as mouras peitearse con peites de ouro. Por dentro da peneda hai corredores e pasadizos que non se sabe a onde chegan. Cando se tira unha pedra neles, óese o ruído moi lonxe. E iso que os vellos do lugar advirten que non se deben tirar pedras, que poden saír as mouras eprender a quen as tira.
BIBLIOGRAFÍA