O cordeiro de ouro do túnel da Veiga da Paga
«E decía o vello que chegaba aí, á capilla do Coitío por debaixo, non sei si é verdá si é mentira; pode ser verdá e pode non ser verdá. Porque aquí houbo unha que veu aló de Asturias, era asturiana, era zamorana pero taba en Gijón.
Un tío dela i un compañeiro que traballaba na mina, aí en Asturias, tamén falou que algo alí había, que había alí un tesouro e tal.
Pero un día dixo:
—Pois, vamos alí!
Foron alí entre os dous e dixo:
—Pois vamos a ver que hai.
Foron alí entre os dous, colleron as lámparas de carburo e fóronse metendo, fóronse metendo e ó chegar aló pa dentro, pois había moito xa máis estreito, tuveron que pasar case de lado.
Pero dentro había un altar e no altar había un cordeiro, pro o cordeiro era de ouro. I o caso é que agarraron o cordeiro, sacaron o cordeiro pa fóra e, adiós que che vaia ben!".
Xa non volverán á mina.
[Como se chamaba o sitio onde empezaba o túnel?]
Ai, na Veiga da Paga, pois ai ta, alí ta, decía o vello aquel que viña esa galería, que viña dar ai á capilla do …, ai os Castros».
[Transcrición da gravación realizada a José Villar Rodríguez. Vilar, Conforto. A Pontenova (Lugo). Ano 1996]
BIBLIOGRAFÍA