Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena Bicuda

A Pena Bicuda atópase na aldea da Bouzaboa, na parroquia de Trasmonte, concello de Friol (Lugo), xusto a carón da estrada local. Na parte inferior da pena, nun pequeno acubillo, vese unha gran pía escavada na pedra, cremos que de carácter antrópico. Tamén puidemos ver unha pequena pía (posiblemente natural) e varias coviñas artificiais distribuídas en dous grupos. O que si chama a atención é o equilibrio que mantén a enorme rocha pois, apoiada sobre outra gran pena, o seu contacto con esta é minúsculo (lémbranos a Pena Abaladoira da Picaraña, en Ponteareas). É máis, semella que mantén o equilibrio grazas a un carballo que medrou entre as fisuras da rocha inferior. Dise que recibe este nome porque nun dos seus extremos a pedra prolóngase a xeito de fuciño ou bico, quizais dun descoñecido animal que en tempos pretéritos deambulaba por estes lugares.

[Texto e fotografía remitidos por Xabier Moure Salgado. Xuño de 2016]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: