Cama de san Xulián (Xiao) no Monte Aloia
Rocha situada no cumio do Monte Aloia, en Tui (Pontevedra), preto da ermita dedicada ao mesmo santo. Chámase cama de san Xulián, ou Xiao, porque se asegura que foi sobre esta pedra onde repousou o corpo sen vida deste santo. Neste lugar non medra a herba.
Quen se deite sobor dela apoiando a cabeza, remedia enfermidades como as migrañas e as dores nas cervicais.
Esta cama de pedra, como tantas outras que hai polo país adiante, ten a virtude de favorecer a fertilidade de quen o precise. As parellas que non logran ter descendencia acoden a este lugar e fan o que é mester para reproducirse. Xunto ao burato, como se pode aprezar na fotografía, hai unha pedra independente que sirve de almofada para tal fin.
COMENTARIOS ENVIADOS
Eu lembro de pequeno facer isto o chegar a cama de San Xulián.