Pedras
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Cruceiro da Loba
Este cruceiro sitúase ao nordés da Serra da Loba, cabo das Medoñas do Galiñeiro, na parroquia de Cambás, Aranga (A Coruña), case nos lindes coa de Val de Xestoso, concello de Monfero. Súponse obra do século XIX. No pedestal pode lerse a seguinte inscrición: DESTE MONGE / OVECO HE DE VOS / ORACIÓN REZARÉ / A JOAN LOAD / AVE MARÍA Dise que se lle chama Cruceiro da Loba en memoria da mítica bandoleira, coñecida como Pepa, A Loba. Non moi lonxe da ubicación deste cruceiro está a Fonte de Pepa, a Loba.
© Galicia Encantada