O Marco e a antiga capela de San Vitorio de Franza
A actual capela de San Vitorio da parroquia de Franza, en Mugardos (A Coruña) substitúe a outra máis antiga que se situaba sobre o chamado castro de San Victorio.
Hay otra hermita de Señor San Vitorio. Esta esta hermita entre unas heredades que dicen que fueron castros de moros y dan señales de haber sido fortalezas
Isto é que di sobre a antiga capela Jerónimo del Hoyo en “Memorias del arzobispado de Santiago” (1607), e ademais conta que tiña no interior unha pedra fincada ou marco (hoxe desaparecido) que dividía as xurisdicións do conde de Lemos e do Cabido compostelán.
Polo visto, a imaxe de San Vitorio aparecera milagrosamente na croa do castro, no lugar onde ergueron a primitiva capela, logo substituida pola actual.