Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Roldán e San Vitorio

Na mesma parroquia de Cambás, que pertence ao concello de Aranga (A Coruña) hai dous monumentos próximos xeograficamente e vencellados simbolicamente.

San Vitorio de Caínzos
A actual capela dedicada a San Vitorio construíuse sobre un campo de mámoas na Serra das Medoñas do Galiñeiro e, xunto co cruceiro que ten a carón, disque un dos máis antigos de Galicia, pois son obra do 1560.
A romaxe celebrábase (parece que perdeu concorrencia) o 22 de maio e era costume pedirlle un desexo ao avogoso San Vitorio botando unha esmola desde o exterior polo ventanuco do lado sur da capela.
Cando enfermeba un porco, era costume arrincar unha estela da porta da capela e poñela na corte para que favorecera a curación do animal.

As Pisadas de Roldán
Próxima á capela de San Vitorio está a Pena de Roldán, e nela poden verse as pegadas que deixaron o cabalo e o heroe Roldán, un dos Doce Pares de Francia, sobriño e cabaleiro de Carlomagno.
Roldán, segundo a lenda, colaborou co apóstolo Santiago e con Carlomagno na expulsión dos mouros míticos do noso país.
Existe un amplo e variado corpus lendario que o sitúa en varias ducias de lugares de Galicia, sempre asociado a proezas lendarias.
Roldán, no imaxinario popular galego, é un xigante, e xigantescas son as pegadas dos seus pés. Cando pasou por Aranga ía perseguindo a dúas irmás mouras (míticas) e como non puido collelas, botoulles unha maldición que as petrificou no lugar chamado Penas de Entrámbalas Irmás. Parece que unhas das pedras que representaban as mouras foi destruída pero a outra segue alí.
No preciso momento no que Roldán para botarlles a maldición ás mouras baixou do cabalo, deixou as pegadas do seu calzado (véxase fotografía) na Pena de Roldán, xunto á ermida de San Vitorio.
O seu cabalo aínda pegou un chimpo ata Pena Ferreira, monte da mesma parroquia pero afastado deste lugar.

© Galicia Encantada
_____________________________

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: