Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pedra da Señorita

Polo monte da Pena do Porco, A Muxueira, límite natural dos concellos de Riotorto e Lourenzá (Lugo), pasa o que chaman "camín real", que unía a Augaxosa coa cidade de Mondoñedo. No medio do camiño atópase un enorme penedo que, segundo nos conta a lenda, levou ata alí unha señorita (unha moura?) de Mondoñedo na cabeza, empregando como rodela a capa dun muíño, e foi todo o tempo comendo zamelos (castañas cocidas). Outra lenda di que o nome da pedra débese a que as señoritas que viñan á feira da Augaxosa cargadas coas cestas, pousábanas na pedra para poder descansar. [Texto tomado de Riotorto no tempo, un arquivo fotográfico xestionado pola Asociación "Arrincadeira" de Riotorto. As imaxes son do arquivo Lao do Vilar de Santiago e de Manuel Miranda, da Asociación MariñaPatrimonio]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: