Os mouros da Pena do Sol
A Pena do Sol está na ribeira, en Vilaescura, Sober (Lugo) e alí vivían os mouros.
Aqueles mouros eran altos e fortes, ían mercar xatos grandes á feira e pagábanos con moedas moi raras. Despois levábanos á ribeira e desparecían por un túnel que comunica o río Cabe co Sil. Estes mouros eran moi calados; só falaban o preciso para axustar o trato e logo marchaban.
Tamén se di isto mesmo da chamada Pena dos Sinos, que está en Rosende, no mesmo concello de Sober.
BIBLIOGRAFÍA