Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O bocoi de viño de pedra maciza da fachada de Santa Clara, en Compostela

Esta historia está relacionada coa construción, por parte do arquitecto barroco Simón Rodriguez, da súa obra máis emblemática, a fachada-telón de Santa Clara, en Compostela, falsa fachada que non o é de ningunha igrexa..

Cóntase que lle dixeron ao arquitecto, en sé tabernaria, que aquela parede, tan alta, tan pesada, con tal mundo de adornos de pedra, se ía derrubar. Vai ser causa de desgraza, insistían.

El apostou unhas cuncas: a fachada non vai caer, que aínda pode soster un bocoi de viño de pedra maciza. 

E acordou colocar o cilindro. Até hoxe, a fachada, sen dúbida a máis ousada e moderna do barroco compostelán, velaí a temos, desde o 1719, coroada co seu cilindro de pedra ou bocoi de viño.

Polas tabernas, onde aínda hoxe maduran os viños co son grave do badalo da campá das horas da Berenguela, circula outra versión, que se cadra completa a anterior. O arquitecto colocoulle o bocoi de viño a Santa Clara, sinxelamente porque a santa é unha borracha.

[Texto remitido por Xosé Luís Santos Cabanas. Xullo de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Moi boas, estou traballando en creación de contidos didácticos para neno/as e me gustaría utilizar esta historia e aglunha máis que aparecen na páxina para ilustrar exemplos de contos e lendas da Galicia.
O contido está aberto para divulgación sen ánimo de lucro citando o autor do mesmo e a páxina?
Moitas grazas

Enviado por André o 13/03/2024 ás 19:50:20


Enviar comentario a este artigo: