Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Pena do Demo dos Montes Correghosos

A Pena do Demo está situada nos montes Correghosos, en Vilar de Mouros, Consello d’A Capela (A Coruña). Por alí pasaba sempre un home cun carro de carbón. O Demo, que era moi malo, tiráballe do carro cargado cara atrás, ríase del cando cando lle caía o carbón, e cando os bois non podían coa carga.
Un día, o home foi falar con Deus e díxolle:
—Deus, eu véñoche pedir que me botes unha man se podes, porque o demo anda a facer das súas cando eu paso por alí co carro.
Un día o Demo estaba durmindo debaixo da pena, e o home pasaba por alí co seu carro. Deus colleu o carro e púxoo enriba da pena facendo forza para mancar ao demo, e da forza que fixo quedaron alí as pegadas, e aínda hoxe están alí.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: