Pedras
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O tesouro do castro de Vilasibil
O castro de Vilasibil está na parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel (Lugo). Neste castro hai un burato do que se sacou unha gran pedra rectangular de caliza, moi feita, hoxe facendo de cerre dunha finca mesmo a carón do burato.
Nese burato había un tesouro gardado por unha serpe. Unha vez os veciños foron remexer alí por ver se atopaban o tesouro seguindo o indicado nun libro coñecido como “Tombo”. Mais o libro dicía tamén que quen intentase facerse co tesouro corría o risco de morrer, ben devorado pola serpe, ben porque podía nacer naquel lugar un grande manancial. Cando estaban cavando, sentiron os bufidos da serpe, un tremor de terra e ademais a calor do sol baixou varios graos. E os veciños, pés para que vos quero, escaparon asustados.
Segundo outra versión, o tesouro non se podía sacar pois estaba protexido polo manancial que asolagaría a quen o intentase. Tamén se di que cando buscaron o tesouro, só atoparon a pedra caliza con forma de tapa e nove píntegas encantadas.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Maravilhosa historia, me ha fascinado!