Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O castelo de Torés

Conta a lenda que cando os discípulos do Apóstolo Santiago chegaron a Iria Flavia (Padrón) cos restos do Apóstolo Santiago, achegáronse ao castelo da raíña Lupa para pidirlle axuda para trasladar o corpo. Lupa díxolles que tiñan que solicitar a autorización de Filotio, legado do Emperador de Roma. Mais este, desconfiado, ordenou prender aos discípulos e guindalos a unha escura mazmorra da que foron liberados por un anxo. As lexións romanas saíron na súa busca e, cando xa estaban a piques de collelos, a ponte que viñan de cruzar os discípulos derrubouse. Ao enteirarse do feito, Lupa converteuse ao cristianismo. Outra versión da lenda conta que a raíña deulle uns bois e un carro para transportar ao Apóstolo, mais, cando chegaron ao Illicino (o Pico Sacro), os bois transformáronse en touros bravos. Os atemorizados seguidores de Santiago, prevendo o seu fin, fixeron o sinal da cruz e, de súpeto, os touros amansaron. É entón cando a raíña Lupa abraza a fe cristiana e, para conmemorar o prodixio, manda construír o castelo de Torés, concello de As Nogais (Lugo), como totem aos touros que transportaban o corpo do Apóstolo.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Agosto de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: