Actualizado en data 26/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Ponte de Cruzul

Na parroquia de Cruzul, Becerreá (Lugo), sobre o río Ferreiros. Foi construída no século XVIII. Proxectada polo enxeñeiro francés Lemour no ano 1773, ten noventa e catro metros de lonxitude, con tres arcos de medio punto. Durante a Guerra da Independencia, as xentes do lugar apoderáronse de máis dun milleiro de fusís que os soldados franceses agochaban xunto a ponte. A tradición di que foi voada para empecer o paso das tropas napoleónicas.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: